Premios ó equipo de voluntarios da biblioteca e ós gañadores do concurso de microrrelatos e do referido ó centenario de Celso Emilio Ferreiro

O grupo de alumnos voluntarios e voluntarias que este curso, por primeira vez, ofreceron a súa colaboración desinteresada co equipo da biblioteca, implicándose moito máis aló do que esperabamos, merecían algo máis que o noso recoñecemento e agradecemento. Por iso lles foron concedidos uns diplomas que acreditan o seu compromiso e un pequeño agasallo como premio polo seu labor.

Graciñas a todos e parabéns polo voso traballo!

Tamén, no mesmo acto, tivo lugar a entrega de premios do concurso desenvolvido polas compañeiras de Lingua Galega para conmemorar o centenario de Celso Emilio Ferreiro. E, por último, entregáronse os agasallos para os gañadores do concurso de microrrelatos que, co tema de “A felicidade non ten prezo”, foi organizado polo departamento de lingua galega e polo club de lectura “A poza da moura”, formado por rapaces e rapazas do noso centro.

Parabéns para todos os premiados!

Aquí tedes algunhas imaxes:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: