Documental: “Mirar a la ventana”

O venres 8 de xuño ás 11:30 horas tivo lugar no Salón de actos do noso Instituto a presentación, proxección e posterior debate sobre o documental Mirar a la ventana.

Mirar a la ventana é un documental que narra a historia de 12 mulleres extremeñas que, na década dos 90, se vincularon ás campañas de desobediencia civil, non violenta, pública, aberta, transformadora, colectiva e ilegal denominada Insubmisión. A súa vinculación non foi por afinidade política ou ideolóxica, senón afectiva (agás Marçia, que participou en ambas). Plasma dende a voz das mulleres ese espazo de resistencia que cada unha delas xerou nas liñas básicas do seu día a día (familia, entorno social, afectivo ou ideolóxico) e isto afectou ás súas vidas.

Presentaron o documental dous dos seus responsables, Daniel Fernández e Miguel Hernán, membros do colectivo Maduras. O colectivo Maduras está integrado por xentes de Madrid e Extremadura (de aí o nome) e catro dos seis membros participaron activamente nas campañas de insubmisión dos anos 90 a través do MOC-Cáceres, sendo directamente tres deles insubmisos dos que as familias son entrevistadas no documental.

PD: O documental ten páxina web (http://www.miraralaventana.com/) e espazo en facebook (http://www.facebook.com/Mirar.a.la.ventana), así como un evento relativo directamente á proxección no IES A Paralaia: https://www.facebook.com/events/248046251966663/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: