Palestra de César Lema sobre transxénicos

Na charla de César Lema, doutor en Bioloxía e colaborador moi activo na plataforma Infotransxénicos de Tui, ademáis de convencido permacultor, tivemos a oportunidade de profundizar nos perigos dos organismos xéneticamente modificados, que utilizados de forma cada vez máis xeralizada e sistemática, máis imprudente e agresiva, por parte da industria alimentaria das grandes transnacionais, están poñendo en risco a nosa saúde e o noso futuro. César Lema concretou os perigos que implica a utilización de transxénicos na nosa alimentación en tres ámbitos: a saúde, os riscos ecolóxicos e os riscos sociais, especialmente lamentables por estar condeando a moitos países empobrecidos a perder a producción agrícola para o autoconsumo que era a base da súa subsistencia.

Pero quizáis o máis importante da charla de César Lema foi a súa mensaxe de esperanza e optimismo, baseada nos seguintes argumentos: a posibilidade de informarnos sobre as empresas que utilizan productos transxénicos (Greenpeace ten unha práctica guía sobre esta cuestión); a adopción de hábitos de consumo críticos e conscientes; a importancia de implicarnos en cooperativas e grupos de consumo; a conveniencia de adquirir alimentos locais e de tempada, ecolóxicos e de comercio xusto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: