Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro: 7ª pregunta

En “Moraima: diario de a bordo”, de Onde o mundo se chama Celanova (1975), Celso Emilio dialoga coa súa compañeira Moraima. Neste poema, que debes completar coas palabras que lle faltan, enxalza o seu amor, un amor capaz de realizar prodixios, un amor que é a esperanza, a luz e a calma…

XANEIRO 1972, II

Cando quero vivir

digo Moraima.

Digo Moraima

cando semento a espranza.

Digo Moraima

e ponse ______ a alba.

Cando quero soñar

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a noite é pechada.

Digo Moraima

e ponse ________ en marcha.

Cando quero chorar

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a anguria me abafa.

Digo Moraima

e ponse _______ en calma.

Cando quero surrir

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a mañá é crara.

Digo Moraima

e ponse __________ mansa.

Cando quero morrer

non digo nada.

E mátame o silencio

de non decir Moraima.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: