Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro: 6ª pregunta

En Cimenterio privado (1973) Celso Emilio instálase na liña satírica continuadora da tradición medieval e do Curros de O divino sainete para fustrigar a mesquindade e o conformismo. Cimenterio privado é unha colección de epitafios para as tumbas dos tipos humanos máis desprezables pero tamén para as vítimas do 36 ou os loitadores solitarios.

Serás capaz de poñer correctamente os títulos a estes epigramas de Cimenterio privado?

1)

O HINCHA

Dediante das aldraxes

i as inxustizas,

lavouse as maus.

Era un porcallento moral.

2)

O LOCUTOR

Entre a xente de pluma tiña sona

de ser un cuco moi orixinal,

pois incapaz de pór ovos

puña a súa firma nos ovos dos demais.

3)

O PLAXIARIO

Unha de dúas:

si é certo

que cada minuto

morren de fame

cen persoas no mundo,

entón é falso

aquelo de que en todas partes

se cocen fabas.

4)

O NEUTRO

A felicidade, en resume,

era pra il berrar gol

nos partidos de futbol

entre a mesta moitedume.

 

Mais deulle tal torozón

cando quedou campión

o odiado equipe contrario,

que por dous goles a un

xace na foxa común

iste badoco gregario.

5)

O LÓXICO

Debaixo desta lousa

dorme un home

que falou trinta anos

sin decir xamais unha verdade.

Por fin está calado.

Pasa amodiño

non sexa que desperte

e se poña a argallar novas mentiras

outros trinta anos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: