Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro: 5ª pregunta

Que terá que ver un grupo de hip hop con Celso Emilio?

Pois aínda que che pareza incrible, García Mc, membro de DKTC (Dios ke te crew), musicou de xeito magnífico un poema de Longa noite de pedra (1962) que se publicou como tema inédito na Fotobiografía Sonora sobre C. E. Ferreiro editada por Ouvirmos (www.ouvirmos.com) en 2008.

Con toda esta información non che será difícil saber que poema é ese.

SE QUERES SABER MÁIS DO GRUPO…

Dios ke te crew é un grupo de hip hopde Ordes formado en 2003. Hoxe en día forman un colectivo de graffiti, breakdance, djs e rap. Todas estas vertentes do hip hop se xuntan nas súas actuacións en directo onde é habitual presenciar graffiteiros pintando pezas ao fondo do escenario e bailes de breakdance mentres a parte musical do grupo interpreta os seus temas.

No ano 2006 lanzan o seu primeiro traballo en formato profesional, un LP titulado “Xénese” composto por 16 temas e autoeditado polo selo do propio grupo, DKTC Sons, e a editora galega Falcatruada. Trátase do primeiro disco de rap integramente en galego no que presentan a realidade cultural, social e política con sarcasmo e humor. Influencias do jazz, rock, reggae, hardcore ou funk están presentes nas bases musicais deste traballo. O deseño do CD inclúe ilustracións e graffitis de membros do colectivo.

En xullo de 2011 chéganos o seu segundo disco, “Humanose”, masterizado por Tony Dawsey en Masterdisk NY e editado por Boa Music.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: