Palestra de Xoán Doldán sobre decrecemento e economías en transición

Enmarcada no ciclo “Consumo responsable, que se ven desenvolvendo no IES A Paralaia ó longo deste curso”, o pasado mércores 25 de abril, ás 17:00 hs., tivo lugar no salón de actos do IES A Paralaia (rúa O Redondo s/n, Moaña) unha charla titulada “Decrecemento e economías en transición: respostas necesarias á crise ecolóxica e enerxética”.

Esta foi impartida por Xoán Doldán, profesor de Economía aplicada na Universidade de Compostela, experto no eido da Economía ecolóxica. Xoán foi director do Instituto enerxético de Galicia e arestora anda a colaborar nas actividades da organización Véspera de nada –por unha Galiza sen petróleo-.

Xoán Doldán falounos do decrecemento como desafío e como alternativa á obsesión capitalista como crecemento medido en termos estrictamente económicos. Nesta liña, incidiu na necesidade do decrecemento nun futuro máis cercano do que parece, ante a crise enerxética á que levará o progresivo e inevitable descenso da producción de petróleo nos próximos anos. Por iso é preciso estar preparados de antemán, e neste sentido as economías en transición ofrecen algunhas respostas para ir dando pasos neste camiño…

As cousas non serán fáciles, pero Xoán ofreceunos alternativas ecolóxicas, solidarias e comunitarias para ir na boa dirección. E ti, queres acompañarnos?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: