Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro: 4ª pregunta

María Soliña foi unha muller de Cangas do Morrazo procesada e castigada pola Inquisición en 1622 ao ser acusada de meiguería. Celso Emilio dedícalle este poema, que forma parte de Longa noite de pedra (1962), e personifica en María Soliña a indefensión das persoas fronte ás forzas represivas do franquismo.

Seguro que che soa, e nunca mellor dito, pois ten varias versións musicais. Podes escoitalas neste enlace: http://sondepoetas.blogspot.com.es/2010/01/maria-solina-celso-emilio-ferreiro.html. Recomendamos especialmente a de Carlos Núñez.

Como se titula o disco de Carlos Núñez no que aparece a canción María Soliña? De onde é a cantante que a interpreta?

MARÍA SOLIÑA

Polos camiños de Cangas

a voz do vento xemía:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Nos areales de Cangas

muros de noite se erguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As ondas do mar de Cangas

acedos ecos traguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: