Obradoiro de César Lema para elaborar pan de landras

No noso centro tivemos a oportunidade de disfrutar dun obradoiro para elaborar pan de landras a cargo de César Lema, doutor en bioloxía e permacultor. O obradoiro, dirixido ó alumnado de primeiro da ESO, foi acollido con interés, con sorpresas e con ledicia por parte de todos os presentes, que puideron probar o riquísimo pan de César e aprenderon algunhas cousas que, desafortunadamente, non teñen cabida de xeito habitual nas nosas aulas.

Son este tipo de coñecementos, de experiencias, que normalmente non se recollen dentro da educación ‘formal’ e oficial, as que queremos impulsar tamén desde a biblioteca como parte dunha educación integral para o noso alumnado. Ademais, neste caso é evidente a relación directa co consumo responsable e coa soberanía alimentaria que ten este obradoiro, que apela ó valor nutricional, económico, histórico e incluso simbólico que teñen os carballos e os seus froitos, as landras, para os galegos.

Deixámosvos aquí algúns fragmentos do obradoiro. Esperemos que sexan do voso interese…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: