Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro

SABER É GAÑAR

Para conmemorar no IES A Paralaia o nacemento do poeta galego Celso Emilio Ferreiro (Celanova 1912-Vigo 1979) e, ao mesmo tempo, fomentar o interese pola súa poesía, o Departamento de Lingua e Literatura Galega, en colaboración coa biblioteca do centro, acordou convocar un concurso destinado ao alumnado da ESO. O concurso consistirá en resolver dúas preguntas semanais sobre o autor que se colgarán aquí, no blog da biblioteca, a partir de hoxe e ata a Semana das Letras Galegas.

As respostas entregaranse ás profesoras de galego nun sobre pechado, no que ten que figurar o nome d@ alumn@ e o curso ao que pertence. A data límite é o mércores 16 de maio.

Entre o alumnado que acerte todas as respostas sortearanse fantásticos lotes de premios nun acto público que terá lugar a derradeira semana de maio, nun recreo, e que se anunciará con antelación.

PREMIOS (DISCOS, CÓMICS, CAMISETAS E COMPLEMENTOS)

CATEGORÍAS:

  • Un 1º premio para o alumnado de 1º e 2º de ESO

  • Un 2º premio para o alumnado de 1º e 2º de ESO

  • Un 1º premio para o alumnado de 3º e 4º de ESO

  • Un 2º premio para o alumnado de 3º e 4º de ESO

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: