Día do libro

Hoxe, 23 de abril, todas as bibliotecas do mundo celebramos o Día internacional do libro. Como é ben coñecido, a data se corresponde co aniversario da morte de tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Desde a Biblioteca Bernardino Graña do IES A Paralaia queremos aproveitar este día para lembrarvos/nos o papel que o libro xoga, ou cando menos debería xogar, no noso mundo. Con tal motivo, ofrecémosvos dous vídeos: o primeiro lembra con humor o carácter do libro impreso como un invento que non ten nada que envexar ós últimos avances tecnolóxicos, mentres que o segundo vídeo é unha curta que foi merecedora dun Oscar e que nos fala da importancia dos libros para enriquecer as nosas vidas, para levarnos a lugares onde ninguén máis pode levarnos, para comunicarnos con quen non poderiamos falar noutras circunstancias, para facernos máis libres e máis sabios, e, quizáis, máis felices tamén… Esperamos que vos guste!

Ó longo destes próximos días, desde a biblioteca, en colaboración cos departamentos de Inglés e de Lingua Galega, imos ofrecervos un acercamento a dous escritores fundamentais: Charles Dickens, de quen se conmemoran os douscentos anos do seu nacemento, e o noso Celso Emilio Ferreiro, que cumpriría neste 2012 os cen anos. Agardamos que disfrutedes tanto coma nós desta merecida homenaxe!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: