Charla de Belén Fervenza sobre producción ecolóxica

O pasado mércores 8 de febreiro, ás 16:30 horas, desfrutamos no noso instituto, dentro do ciclo que sobre consumo responsable se está a desenvolver ó longo deste curso, dunha charla-coloquio a cargo de Belén Fervenza, co título “A horta do Cadaval: unha volta á terra”.

Belén Fervenza é, xunto con Jacobo Ojea, membro da Horta do Cadaval, unha experiencia de produción ecolóxica que se iniciou hai seis anos en Redondela. O seu obxectivo é achegar a produción local e sostible a través da venda directa ao consumidor/a, procurando poñer en valor a importancia dunha produción de alimentos de calidade, respectuosa co medio e que visibilice a importancia do labrego/a, como productor de alimentos e transmisor de cultura nesta sociedade actual.

Belén nos lembrou na súa exposición a importancia das mulleres que durante moitos anos sostiveron as economías familiares en Galicia co seu traballo diario na horta e no mercado. Precisamente foi a continuidade do labor dalgunhas destas mulleres ata o día de hoxe -a pesares do seu desprestixio-  a que permitiu a Belén e ó seu compañeiro atopar un espazo en Redondela para vender os seus productos. Belén Fervenza deixou constancia na súa charla da necesidade de valorizar a producción local e ecolóxica creando circuitos cercanos entre productores e consumidores responsables. Neste sentido, lembrou a súa relación cun grupo de consumo de Moaña que está a realizar nos últimos tempos un importante labor de concienciación: “Patacas do Cedo”. En definitiva, debatiuse sobre soberanía alimentaria e a necesaria volta á terra, á nosa terra, recuperando a riqueza e variedade das nosas sementes, dos nosos alimentos, como un legado cultural que é -ou debera ser- patrimonio de todos os galegos e galegas e que mozos como Belén e Jacobo están tentando conservar para as futuras xeracións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: