Día da Paz

Hoxe conmemórase o Día da Paz 2012 con motivo do 64 aniversario da morte de Gandhi. Con tal motivo, faremos, coma sempre, unha exposición na biblioteca centrada este ano nas figuras das tres mulleres que recibiron os premios Nobel da Paz en 2011: Ellen Johnson-Sirleaf, Leymah Gbowee e Tawakkul Karman. Non deixedes de pasarvos pola biblioteca para acercarvos a estas tres mulleres extraordinarias!

Ademáis, Stella está a traballar co alumnado de cuarto da ESO sobre un conflicto complexo, dramático e interminable: o conflicto palestino-israelí. O documental Promises é un bo punto de partida para achegarse a ese enfrontamento desde a perspectiva da infancia…

Por último, para conmemorar o Día da Paz 2012 ofrecémosvos un vídeo que pretende desbotar prexuízos e manipulacións, lembrándonos a nosa responsabilidade na construcción da paz…

Advertisements

2 Comentarios

  1. Cristina

    En relación co conflito árabe-israelí hai un cómic publicado en Astiberri que explica de maneira moi clara e entretida como se orixinou. É do asturiano Alfonso Zapico e titúlase Café Budapest. Recoméndovolo, lese en menos dunha hora.
    Tamén está moi ben a obra Fin de século en Palestina, publicada por Galaxia. É un relato autobiográfico da experiencia persoal de Miguel Anxo Murado, escritor e xornalista galego que foi a Palestina enviado pola ONU e permaneceu na zona 5 anos. Este xa hai que tomalo con calma e esixe estar algo informado da situación; aínda así, pode lelo calquera porque hai anécdotas boísimas que entenderá todo o mundo.
    Saúdos e avante toda por ese mar!

    Un saúdo e que o blogue vaia vento en popa

    • Pois moitas gracias polas suxestións, Cristina. Tomamos boa nota e mesmo pode que nos sexan útiles para o noso Club de lectura.
      Si é que así, cos consellos dos amigos, é moito máis fácil navegar polos mares infinitos da literatura…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: