A quincena da música (III): Nino Rota

Nino Rota (Milán, Italia; 3 de diciembre de 1911 – Roma, Italia; 10 de abril de 1979) foi compositor de música clásica e cinematográfica.
Lembramos a Rota, sobre todo, por ser o creador da música das películas do director de cine Federico Fellini. Rota compón unha música delicada e marcádamente romántica, destacan especialmente as súas seccións de vento-madeira e corda. Domina tamén a composición para voz. As súas bandas sonoras das películas de Federico Fellini (A Strada, A dolce vita, Oito e Medio e Amarcord rivalizan en fama coas que compuxo para Luchino Visconti (O gatopardo, entre outras),  Franco Zeffirelli (Romeo e Xulieta), Francis Ford Coppola (O Padriño I, II e III).
A partitura de Nino Rota para O  padriño en 1972 foi nominada para o Oscar, pero a Academia decidiu cambiala pola partitura de A Pegada de John Addison debido a que esta música xa fora utilizada por Rota noutra película, Fortunella (1958).
Porén, a música de O padriño II, composta por Nino Rota xunto á unha mínima aportación de Carmine Coppola, padre de Francis Ford Coppola, resultou nominada e gañadora do Óscar dous anos despois.

Aquí engadimos imaxes dalgunhas das películas máis célebres nas que participou…

E para rematar esta aproximación á música de Nino Rota non se nos ocorre nada mellor que lembrar a banda sonora desa obra mestra do cinema contemporáneo que é O Padriño. Disfrutádea!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: