A quincena da música (I): Freddie Mercury

FREDDIE MERCURY  :
Naceu en Zanzibar, Tanzania,  o 5 de setembro de 1946 e morreu en Londres, Inglaterra, o 24 de novembro de 1991, tras ter anunciado publicamente o día anterior que padecía Sida.
Foi un músico británico coñecido por ter sido o vocalista da banda de rock QUEEN
Como compositor musical, escribiu moitos éxitos, tales como “Bohemian Rhapsody”, “Killer Queen”, “Somebody to Love”, “Don’t Stop Me Now”, “Crazy Little Thing Called Love”, “Barcelona” e “We Are the Champions”. Estímase que Queen chegóu a vender 300 millóns de álbumes en todo o mundo con Mercury como líder.
Malia  que a voz de Mercury ao falar recaía no rango de barítono, usualmente cantaba no rexistro de tenor. A soprano española Montserrat Caballé, gravou con Mercury  a canción “Barcelona” que foi o himno das  olimpiadas do 92 celebradas nesta cidade.
No  2009 unha enquisa da revista Classic Rock  colocouno no primeiro posto entre os mellores cantantes de rock de todos os tempos.
No 2008 a revista Rolling Stone ubicouno no posto dezaoito da súa lista dos mellores vocalistas de todos os tempos.
Allmusic definiu a Mercury como “un dos líderes máis carismáticos e dinámicos na historia do rock”.
Debaixo tedes a portada dun dos seus discos e varios vídeos con algunhas das súas cancións máis coñecidas. Non volos perdades!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: