Palestra de César Lema sobre transxénicos
Na charla de César Lema, doutor en Bioloxía e colaborador moi activo na plataforma Infotransxénicos de Tui, ademáis de convencido permacultor, tivemos a oportunidade de profundizar nos perigos dos organismos xéneticamente modificados, que utilizados de forma cada vez máis xeralizada e sistemática, máis imprudente e agresiva, por parte da industria alimentaria das grandes transnacionais, están poñendo en risco a nosa saúde e o noso futuro. César Lema concretou os perigos que implica a utilización de transxénicos na nosa alimentación en tres ámbitos: a saúde, os riscos ecolóxicos e os riscos sociais, especialmente lamentables por estar condeando a moitos países empobrecidos a perder a producción agrícola para o autoconsumo que era a base da súa subsistencia.
Pero quizáis o máis importante da charla de César Lema foi a súa mensaxe de esperanza e optimismo, baseada nos seguintes argumentos: a posibilidade de informarnos sobre as empresas que utilizan productos transxénicos (Greenpeace ten unha práctica guía sobre esta cuestión); a adopción de hábitos de consumo críticos e conscientes; a importancia de implicarnos en cooperativas e grupos de consumo; a conveniencia de adquirir alimentos locais e de tempada, ecolóxicos e de comercio xusto.
Día das Letras Galegas (II)
En relación cos actos de conmemoración dos cincuenta anos do Día das Letras Galegas, a Real Academia Galega nos ofrece diversos documentos que poden ser do voso interese. Queremos destacar sobre todo a iniciativa para dar a coñecer os carteis conmemorativos elixidos cada ano para cada un dos autores homenaxeados. Deixamos aquí o primeiro… Se queredes ver o resto aquí tedes o enlace: http://www.realacademiagalega.org/50-carteis-das-letras
Día das Letras Galegas
Como sabedes, durantes estes días tivemos no noso centro unha exposición sobre Valentín Paz Andrade, que nos lembra a figura e a obra do autor homenaxeado este ano no Día das letras galegas. Aquí tedes as imaxes desa exposición:
This slideshow requires JavaScript.
Día das letras galegas 2012: Valentín Paz Andrade
Con motivo do Día das letras galegas 2012, adicado a figura e á obra de Valentín Paz Andrade (1898-1987), desde a nosa biblioteca queremos ofrecer unha pequena homenaxe a este home polifacético (xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta, xornalista…) incansablemente comprometido coa súa terra. Os vídeos que figuran a continuación fálannos da súa aportación á nosa cultura:
1) Vídeo realizado polo alumnado do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e a obra de Valentín Paz Andrade:
2) Recitado dun dos seus poemas, “Na matricial Galicia”:
3) O mesmo poema musicado por 2naFronteira:
Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro: 8ª pregunta
En “Cantiga pra durmir a un neno”, un poema de Onde o mundo se chama Celanova (1975), o vento representa o espírito da vila da infancia de Celso Emilio, Celanova, o seu espazo mítico.
Cantas veces se repite a palabra vento na composición?
Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro: 7ª pregunta
En “Moraima: diario de a bordo”, de Onde o mundo se chama Celanova (1975), Celso Emilio dialoga coa súa compañeira Moraima. Neste poema, que debes completar coas palabras que lle faltan, enxalza o seu amor, un amor capaz de realizar prodixios, un amor que é a esperanza, a luz e a calma…
XANEIRO 1972, II
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse ______ a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse ________ en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse _______ en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse __________ mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.
Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro: 6ª pregunta
En Cimenterio privado (1973) Celso Emilio instálase na liña satírica continuadora da tradición medieval
e do Curros de O divino sainete para fustrigar a mesquindade e o conformismo. Cimenterio privado é unha colección de epitafios para as tumbas dos tipos humanos máis desprezables pero tamén para as vítimas do 36 ou os loitadores solitarios.
Serás capaz de poñer correctamente os títulos a estes epigramas de Cimenterio privado?
1)
O HINCHA
Dediante das aldraxes
i as inxustizas,
lavouse as maus.
Era un porcallento moral.
2)
O LOCUTOR
Entre a xente de pluma tiña sona
de ser un cuco moi orixinal,
pois incapaz de pór ovos
puña a súa firma nos ovos dos demais.
3)
O PLAXIARIO
Unha de dúas:
si é certo
que cada minuto
morren de fame
cen persoas no mundo,
entón é falso
aquelo de que en todas partes
se cocen fabas.
4)
O NEUTRO
A felicidade, en resume,
era pra il berrar gol
nos partidos de futbol
entre a mesta moitedume.
Mais deulle tal torozón
cando quedou campión
o odiado equipe contrario,
que por dous goles a un
xace na foxa común
iste badoco gregario.
5)
O LÓXICO
Debaixo desta lousa
dorme un home
que falou trinta anos
sin decir xamais unha verdade.
Por fin está calado.
Pasa amodiño
non sexa que desperte
e se poña a argallar novas mentiras
outros trinta anos.
Ernesto Cardenal, premio Reina Sofía de poesía
Ernesto Cardenal vén de ser galardoado cun dos máis importantes premios de poesía en lingua castelá: o premio Reina Sofía. Cardenal é ou foi, como podedes ler na entrada correspondente da wikipedia, poeta, sacerdote, teólogo, escritor, traductor, escultor y político! Abofé que non é pouco! Pero sobre todo é un dos máis importantes poetas latinoamericanos, que dende hai moitos anos destaca polo seu compromiso cun mundo máis xusto e solidario.
Un xornal de Guatemala, Siglo21, lembraba así a súa pegada nas nosas letras e nas nosas vidas…
“Creador del movimiento “exteriorista” en la poesía de nuestra lengua, Cardenal supo impulsar una corriente que sostenía que la poesía no tiene otra inspiración y tema que la misma realidad, de la cual inevitablemente nadie puede escaparse. Pero la realidad para Cardenal ha incluido siempre la dimensión espiritual.
Cardenal tiene una obra poética enorme, tanto por su calidad como por su volumen. Un autor completo que recorrió todas las formas poéticas, desde los condensados epigramas hasta los extensos poemas épicos. [...]
Cardenal ha sido el poeta de los pueblos sin voz, de los oprimidos y marginados. No olvidamos sus poemas a los indios americanos. Su lírica antisomocista,que hizo temblar de ira al tirano. Sus composiciones en la isla de Solentiname, donde se comenzó a soñar en una Nicaragua libre y distinta.
Mas también ha sido un poeta espiritual. Un místico por antonomasia. No solamente por su investidura de sacerdote católico, sino por lo que ha logrado expresar en sus poemas. Sus salmos, verdaderos cantos de esperanza. Su célebre Oración por Marilyn Monroe, poema traducido a todas las lenguas e incluido en la mayoría de antologías de poesía hispanoamericana.
Lo recordamos en los lejanos años setenta, cuando todos éramos muy jóvenes y leíamos con gran intensidad sus versos de una elemental sabiduría. Reunía multitudes en Santiago de Chile, en San José de Costa Rica o en Europa, y declamaba con su voz un poco enredada, un tanto pastosa, sus extraordinarios poemas. Qué manera de penetrar en la ternura. Qué forma de hacernos reflexionar sobre la vida, el amor y la existencia.”
Podedes ler algúns dos seus mellores poemas no seguinte enlace: http://amediavoz.com/cardenal.htm. Deixamos aquí uns versos que resumen ben a súa postura sobre o papel dos poetas ante as manipulacións dos que detentan o poder:
¿No has leído amor mío, en Novedades:
CENTINELA DE LA PAZ , GENIO DEL TRABAJO
PALADÍN DE LA DEMOCRACIA EN AMÉRICA
DEFENSOR DEL CATOLICISMO EN AMÉRICA
EL PROTECTOR DEL PUEBLO
EL BENEFACTOR…?
Le saquean al pueblo su lenguaje.
Y falsifican las palabras del pueblo.
(Exactamente como el dinero del pueblo.)
Por eso los poetas pulimos tanto un poema.
Y por eso son importantes mis poemas de amor.
Concurso sobre Celso Emilio Ferreiro: 5ª pregunta
Que terá que ver un grupo de hip hop con Celso Emilio?
Pois aínda que che pareza incrible, García Mc, membro de DKTC (Dios ke te crew), musicou de xeito magnífico un poema de Longa noite de pedra (1962) que se publicou como tema inédito na Fotobiografía Sonora sobre C. E. Ferreiro editada por Ouvirmos (www.ouvirmos.com) en 2008.
Con toda esta información non che será difícil saber que poema é ese.
SE QUERES SABER MÁIS DO GRUPO…
Dios ke te crew é un grupo de hip hopde Ordes formado en 2003. Hoxe en día forman un colectivo de graffiti, breakdance, djs e rap. Todas estas vertentes do hip hop se xuntan nas súas actuacións en directo onde é habitual presenciar graffiteiros pintando pezas ao fondo do escenario e bailes de breakdance mentres a parte musical do grupo interpreta os seus temas.
No ano 2006 lanzan o seu primeiro traballo en formato profesional, un LP titulado “Xénese” composto por 16 temas e autoeditado polo selo do propio grupo, DKTC Sons, e a editora galega Falcatruada. Trátase do primeiro disco de rap integramente en galego no que presentan a realidade cultural, social e política con sarcasmo e humor. Influencias do jazz, rock, reggae, hardcore ou funk están presentes nas bases musicais deste traballo. O deseño do CD inclúe ilustracións e graffitis de membros do colectivo.
En xullo de 2011 chéganos o seu segundo disco, “Humanose”, masterizado por Tony Dawsey en Masterdisk NY e editado por Boa Music.
Paulo Freire ós quince anos da súa morte
Cúmprense quince anos da morte de Paulo Freire (1921-1997), un educador que para moitos de nós é un referente intelectual e profesional e un modelo de conducta pola súa coherencia persoal.
Desde aquí queremos adicarlle a nosa pequena homenaxe. Oxalá sirva para lembrar a súa figura e a súa obra e para que todos os que estamos involucrados no mundo da educación atopemos motivos para traballar por esa pedagoxía da esperanza que el tanto e tan ben defendeu…
Las 20 Máximas de Paulo Freire
- Es necesario desarrollar una pedagogía de la pregunta. Siempre estamos escuchando una pedagogía de la respuesta. Los profesores contestan a preguntas que los alumnos no han hecho.
- Mi visión de la alfabetización va más allá del ba, be, bi, bo, bu. Porque implica una comprensión crítica de la realidad social, política y económica en la que está el alfabetizado.
- Enseñar exige respeto a los saberes de los educandos.
- Enseñar exige la corporización de las palabras por el ejemplo.
- Enseñar exige respeto a la autonomía del ser del educando.
- Enseñar exige seguridad, capacidad profesional y generosidad.
- Enseñar exige saber escuchar.
- Nadie es, si se prohíbe que otros sean.
- La Pedagogía del oprimido, deja de ser del oprimido y pasa a ser la pedagogía de los hombres en proceso de permanente liberación.
- No hay palabra verdadera que no sea unión inquebrantable entre acción y reflexión.
- Decir la palabra verdadera es transformar al mundo.
- Decir que los hombres son personas y como personas son libres y no hacer nada para lograr concretamente que esta afirmación sea objetiva, es una farsa.
- El hombre es hombre, y el mundo es mundo. En la medida en que ambos se encuentran en una relación permanente, el hombre transformando al mundo sufre los efectos de su propia transformación.
- El estudio no se mide por el número de páginas leídas en una noche, ni por la cantidad de libros leídos en un semestre. Estudiar no es un acto de consumir ideas, sino de crearlas y recrearlas
- Solo educadores autoritarios niegan la solidaridad entre el acto de educar y el acto de ser educados por los educandos.
- Todos nosotros sabemos algo. Todos nosotros ignoramos algo. Por eso, aprendemos siempre
- La cultura no es atributo exclusivo de la burguesía. Los llamados «ignorantes» son hombres y mujeres cultos a los que se les ha negado el derecho de expresarse y por ello son sometidos a vivir en una «cultura del silencio».
- Alfabetizarse no es aprender a repetir palabras, sino a decir su palabra.
- Defendemos el proceso revolucionario como una acción cultural dialogada conjuntamente con el acceso al poder en el esfuerzo serio y profundo de concienciación.
- La ciencia y la tecnología, en la sociedad revolucionaria, deben estar al servicio de la liberación permanente de la HUMANIZACIÓN del hombre.


